segunda-feira, 16 de abril de 2007
soño con soñar...
soño con soñar...

quixera soñar. intúo que o fago. pero non me lembro. por iso estou aquí. estar aquí é cumplir o meu soño.

lembro un soño recurrente de pequena.

un soño que realmente non é meu, ou que si o foi, ou que foi a consecuencia dunha infancia marcada polos contos ou pola relixión... quen sabe?

non era un pesadelo. o soño non era pracenteiro pois era claustrofóbico. mais gárdoo con agarimo. quixera estar dentro outra vez.

vivía no interior dunha balea. nunha barca flotando no mar interior do seu estómago. facía lume, e o fume saía polo buraquiño polo que respiran.

estou segura de que foi consecuencia de pinocho. mais agora, lendo a auster, descubro que tamén puido ser consecuencia de jonás. é posible que todo esté relacionado.

e agora quero voltar a ese soño e falar con jonás, e con gepetto, e máis con pinocho. sobre todo coa balea e descubrir por que soñaba con estar no seu interior... quizáis fose un desexo en si mesmo, tal vez, como o pianista de novecento, teño vertixe dun mundo ilimitado e quixera estar nun lugar pechado pero coñecido.

tal vez... a pesares de crer que ese é o mal do ser humano. vivir nunha endogamia perigosa e ignorante, pero cómoda, fácil de abarcar.

(escollo unha imaxe de magritte, aínda que é posible que os soños sexan en branco e negro, por iso a imaxe soñada cando se pincha sobre ela cómelle as cores. e deixo outra imaxe de magritte, que como nos soños, non é o que é. porque isto non é un(ha) soño (pipa)).



aquí comezan os meus soños. iso espero...
 
postado por Anónimo ás 15:01 | Permalink |


3 Comentarios


  • falou o 16 de abril de 2007 às 20:02, Anonymous Anónimo

    encantou-me o teu conto.... e gostei muito de como o envolves todo.... vejo que de-che no conceito, na finalidade deste blog.... parabéns! e bem-vinda!

     
  • falou o 16 de abril de 2007 às 23:03, Blogger R. A.

    Interesante blog e interesantes soños os que se poden atopar por aquí.
    Interesante esta idea do mundo pequeno reflectida no soño da barca dentro da balea.
    Parabéns.

     
  • falou o 22 de abril de 2007 às 17:21, Anonymous Anónimo

    Precioso soño. A infancia é un nutrinte de mil experiencias.