sábado, 23 de junho de 2007
A praia
Levo uns días que so soño coa praia, o mar e unha tumbona.
Pois así me vexo no soño, tumbada ao sol ben aceitadiña para non me queimar, cun libriño aberto e descansando enriba do meu peito, nunha praia con pouca xente na que so se sinte o mar e uns nenos xogando alá ao lonxe.
De súpeto alguén se senta ao meu carón, estende a toalla e colle un cigarriño, acércase a min e pídeme fogo, eu erguínme un pouco molesta, pois atopábame nunha especie de éxtase que levaba tempo buscando, e a verdade, que me viñera un ligón de praia a dar a murga pois como que non.
O tipo non tiña mala pinta, nin semellaba querer nada máis agás o que me estaba pedindo e notou deseguida o meu desagrado, eu busquei o mecheiro e dinllo, el prendeu o seu cigarro e pediume desculpas pola molestia. Eu que xa dera en sair da miña éxtase, collín tamén un cigarro e volvínme a tumbar pero sen deixar de observar ao meu veciño.
A praia ía quedando baleira, os nenos que andaban a xogar xa marcharan e o sol xa estaba a piques de agocharse; o tipo seguía ao meu carón mirando ao mar e sen intención de marchar.
Empecei a recoller as miñas cousas e cando xa tiña todo metido na bolsa, levanteime e púxenme o pareo pola cintura, o tipo ergueuse e axudoume a encartar a tumbona, eu díxenlle que non facía falla que xa me apañaba soa, pero él insistiu e cando rematou díxome que se quería podiamos cear algo no chiringuito, que levaba moito tempo na miña busca e que agora que me atopara, non podía deixarme ir sen intentar unha cea conmigo.
Pregunteille si me coñecía de algo e contestoume que de sempre, que era a muller dos seus soños; eu non o podía crer, pensei que o tipo era un pirado, ¡pero que sempre teño que atoparme cos pirados que andan soltos por ahí!, xa mo dicía miña nai, _non vaias soa, que nunca se sabe.
Seguinlle a corrente, pensei que sería mellor estar onde houbera máis xente polo que pudera pasar. Fomos camiñando ata o chiringuito e alí nos sentamos a cear, él empezou a falar e a contar unha morea de cousas que me deixaron tola, ¿cómo sabía tanto de min?, agora si que tiña medo de verdade, él como presentindo os meus temores, díxome: _non me teñas medo, seguro que si pensas un pouco lenbraraste de min. Eu xa había rato que non facía máis que pensar en quen podía ser o tipo, e de súpeto véuseme a mente aquel rapaz que cando eu estudaba 5 de EXB, veu novo a metade de curso e cando rematou desapareceu e nunca máis se voltou a saber del, Anxel paréceme que se chamaba, para saír de dúbidas pregunteille _¿eres Anxel?
_ves, sabía eu que se pensabas un anaquiño habíaste lembrar.
Entón explicoume que seu pai traballaba nunha emprese eléctrica e por iso sempre andaba de un lado para outro, pero que sempre ficara pensando en min e coa certeza de atoparme algún día, e parece que o día era hoxe...
De súpeto veu o meu compañeiro cunha caña, e salpicoume na barriga
_sinto sacarche do teu soño, pero traigoche unha caña ben fresquiña.
_graciñas Anxel estabaa desexando...
 
postado por Son Unha Xoaniña ás 00:28 | Permalink |


0 Comentarios