falou o 8 de abril de 2007 às 15:14,
falou o 8 de abril de 2007 às 16:14, besbe
falou o 8 de abril de 2007 às 20:25,
falou o 8 de abril de 2007 às 20:25,
falou o 9 de abril de 2007 às 11:41, Elianinha
falou o 10 de abril de 2007 às 22:51,
falou o 10 de abril de 2007 às 23:31, Ana Bande
Devecía por viaxar a Exipto e a oportunidade cheogou aínda que fose nun soño. Alí estaba eu no medio e medio do amarelo, do verde e do azul. Os ollos xa os tiña do color da arenisca e tódolos días e todas horas sentía o meu corazón tremendo coa mesma emoción que xa sentía cando puxen o pé no asfalto do aeroporto. Tiña moito que facer aquí e eran poucos os días, pero de todas as maravillas a máis importante para min, aínda sen saber o motivo, era baixar o Nilo nunha faluca coa súa enorme vela. O soño ata aquí parece unha experiencia pracenteira pero aínda que non o creades tratouse dun verdadeiro pesadelo porque malia os meus esforzos os días pasaban e non atopaba xeito de facer realidade o meu desexo. Cada mañá saía máis cedo do hotel co firme propósito de chegar a tempo de pillar unha praza pero en canto me achegaba ao embarcadoiro enormes ringleiras de turistas facíanme desistir e aproveitar o día noutra actividade. E así un día e outro, e cada hora que pasaba a miña anguria crecía e xa non había momia, papiro, pirámide ou paisaxe que me quitase da cabeza o paseo en faluca. Chegou o último día e tiña que tomar unha determinación se quería ver cumplido o meu desexo. E entón decidín camiñar ata o embarcadoiro máis próximo e durmir alí mesmo. Quedei durmida sentada nunha escaleira que se perdía na auga do Nilo e pouco a pouco o balbordo e os empurróns da xente fixéronme acordar de súpeto. Xa non vía a auga entre os milleiros de cabezas que corrían cara a faluca e entón decidín abrirme paso empurrando eu tamén ata que albisquei o que eu naquel intre pensaba que era a punta do velame da faluca. Cada centímetro que avanzaba aquel velame trocábase nunha forma misteriosa ata que cheguei ao derradeiro chanzo. As xentes entolecidas tirábanse á auga para chegar ata EL. A faluca non era tal. Era un enorme sarcófago flotante cun falo duns cincuenta metros de altura que atraía poderosamente a tódolos turistas que devecían por chegar a él como se lles fora a vida no asunto. Malia os empurróns e os berros quedei rezagada ollando o espectáculo e tratando de asimilar o significado da escea. En canto vin a foto do amigo Arume materializouse o meu soño. O único que había que mudar eran as dimensións do velame da faluca.
hahahahaha, que genial!
Tu tonta nom és eh? Esse macho-men bicando-che BARRABÁS.... interessante sonho, já que nos soltamos no rolho erótico-festivo ao melhor conto um meu desses FORBBIDEN :D
Beijos e bem-vinda Rifo!