Hoxe aparecéuseme en soños a muller de Touriño. Do presidente, non confundir coa velocidade.
Pois andaba eu pola piscina nun certame de contacontos, cun contiño que prosaba sobre o koruño, cando vía que a muller de Tou, cun biquini vermello, estaba entre o meu público.
Cando remataba a función, como se fosemos amigas de toda a vidiña, iamos dar un paseo, e cóntabame o anjustiada que se sente. "Non te podes dar unha idea, perseguida pola prensa. Non podes facer nada sen que estean detrás túa. Que estrés", dicía. Será que está agobiada e se aparece en soños para contarllo a xente? Ten superpoderes a primeira dama? Será publicidade subliminal, por iso levaba un biquini vermello? Serei eu unha medium?
Canto misterio sen resolver. Pero se vedes a Esther Cid, non a presionedes tanto, oh.
Etiquetas: aparición
Vai soño máis raro. Deberias ir a que che mirasen iso.
Durante un tempo tiven uns pesadelos, Fraga perseguiame espido pola beira do Miño eu cooria e corria eta que toupado desfalecia e colliame. Nese momento sempre espertaba. Menos mal
Un bico